|
Para visualizar esta página debe tener instalado FLASH 8 plugin (instalar) En boas mans: EURODENTAL é unha policlínica odontológica de servizos integrais que ofrece atención altamente especializada, completa e multidisciplinar, tanto no ámbito técnico como no humano. En EURODENTAL pomos a disposición dos nosos pacientes todas as especialidades e servizos da odontoloxía nun mesmo centro: para que o coidado da súa saúde sexa máis cómodo, máis rápido e máis eficaz. EURODENTAL posúe ademais Laboratorio de Prótese Dental propio e unha unidade, única en todo o Noroeste español, especializada na atención de pacientes discapacitados. Filosofía: O noso compromiso é ofrecerlle unha odontoloxía de alta calidade a través dunha relación de confianza. Para iso debemos partir dunha boa información previa, para o que nos valemos da historia clínica, esta achéganos uns datos básicos e imprescindibles (filiatorios e médicos) que xunto ao minucioso exame clínico da súa boca e as oportunas radiografías (periapicales e panorámica) permitirannos emitir un diagnóstico, un plan de tratamento e un orzamento o máis axustado posible, evitando sempre crear falsas expectativas no paciente. Tódalas persoas que formamos o equipo, compartimos unha ilusión: facer que os nosos pacientes se sintan felices e satisfeitos. O noso lema dende hai xa moitos anos é BUSCAR A EXCELENCIA. Medios tecnicos: En EURODENTAL ofrecémoslle todo en Odontoloxía: Odontoloxía conservadora. Prótese fixa e removible. Odontopediatría. Ortodoncia, nenos e adultos. Cirurxía. Periodoncia. Esterilización e desinfección conforme aos procedementos esixidos pola Federación Internacional. A última tecnoloxía para o diagnóstico: radiovisiografía (radioloxía dixital) e cámaras intraorales. Laboratorio de prótese dental propio. A Ortodoncia é a parte da Odontoloxía que se encarga de corrixir a malposición dentaria buscando mellorar a estética e a función masticatoria. Estética. A Implantoloxía é a rama da Odontoloxía que se encarga de recuperar as funcións estéticas e masticatorias orixinadas pola perda dunha ou varias pezas dentais, empregando para iso fixacións de titanio que se ubican no óso maxilar e que sosteñen á súa vez as pezas dentarias que debemos repoñer. diseño y realización de eurodental.es - AACCENTIA MULTIMEDIA de Vigo - Pontevedra - Galicia |
|
AACCENTIA
|